InicioCentralFozRepresentantes de Radiofusión reúnense en Foz para abordar a difusión da axenda...

Representantes de Radiofusión reúnense en Foz para abordar a difusión da axenda 2030

O concelleiro de Relacións Institucionais, Comunicación e Axenda 2030 no Concello de Foz, Carlos García, puxo en valor o novo proxecto presentado polo goberno de Foz denominado Horizonte2030, no que se enfoca e abordan varias iniciativas políticas nas distintas áreas de goberno e se aliñan cos ODS da Axenda2030.

Publicada o

- Advertisement -

O concelleiro de Relacións Institucionais, Comunicación e Axenda 2030 no Concello de Foz, Carlos García, recibiu a visita de representantes de Radiofusión, das emisoras municipais galegas, nun encontro que tivo lugar nas instalacións da radio municipal focega coa presenza de Anxo Rivas. Nesta xuntanza Radiofusión presentou o proxecto Onda ODS, que ten que ver coa difusión en podcast de contidos sobre cambio climático, igualdade de xénero, despoboamento rural, turismo sustentable e moitos outros eidos que conflúen na divulgación dos obxectivos de desenvolvemento sostible da Axenda 2030 marcada pola ONU. Cabe resaltar o impacto de Radiofusión, conformada por 300 radios nacionais e uns 2,5 millóns de ouvintes.

Nesta cita Carlos García puxo en valor o novo proxecto presentado polo goberno de Foz denominado Horizonte2030, no que se enfoca e abordan varias iniciativas políticas nas distintas áreas de goberno e se aliñan cos ODS da Axenda2030. “Foi unha reunión moi produtiva onde se estableceron unha serie de sinerxias moi interesantes. Dende o Concello estamos moi contentos de que xurdan este tipo de iniciativas tan interesantes que remen a favor dun cambio cultural moi necesario para abordar o futuro dos pobos”, manifestou o concelleiro.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...